Máis dun cento de estudantes do IES do Castro de Vigo visitaron as instalacións do noso centro. Ao longo da mañá as rapazas e rapaces coñeceron da man do persoal investigador diferentes laboratorios e proxectos que se están a levar a cabo polos grupos de investigación relacionados coa enxeñería industrial e a enxeñería de minas e enerxía.
Con actividades visuais e prácticas, o alumnado achegouse, por exemplo, ao ámbito da enxeñaría biomédica e os biomateriais e as súas achegas na mellora da calidade de vida da sociedade. Os mozos e mozas tamén analizaron o uso de recursos mariños con fins biotecnolóxicos e ambientais e viviron experiencias prácticas sobre cuestións relacionadas coas reaccións químicas de combustión. Puideron tamén realizar ensaios básicos con mostraxes reais sobre o comportamento do macizo rochoso no laboratorio de mecánica de rochas e probaron os métodos empregados para a avaliación de calquera tratamento de conservación de patrimonio cultural como os graffitis.
Os rapaces e rapazas están vivindo con preocupación a situación actual referente ao cambio climático polo que quixemos amosarlles coma a tecnoloxía resultante da investigación na área industrial, enerxética e de proceso pode axudar nun dos maiores retos ao que nos enfrontamos como sociedade, como é solucionar, ou polo menos diminuír, os efectos da industrialización no medioambiente.
‘IES do Castro de Vigo’ – 2019
Actividades
Enxeñería biomédica. Biomateriais
A enxeñaría biomédica achega solucións a moitos problemas clínicos actuais e contribúe á mellora da calidade de vida da sociedade.
Nesta actividade ofrécese unha visión da contribución da enxeñería ao ámbito da saúde, mostrando un abanico de dispositivos biomédicos, como próteses, implantes, stents, marcapasos e biomateriais.
Uso de recursos mariños con fins biotecnolóxicos e ambientais
Esta actividade está enfocada a analizar o uso dos recursos mariños con fins biotecnolóxicos e/ou ambientais.
Combustión
O obxectivo fundamental desta experiencia é fortalecer a adquisición de certos coñecementos básicos relacionados coas reaccións químicas de combustión. A vía para conseguir este fin é a realización de experiencias prácticas atractivas visualmente de modo que esperten o interese do alumnado.
Exemplos: Práctica con encendedor Bunsen, Whoosh bottle. Chamas de cores e Fire tornado, entre outros.
En busca da explotación de recursos enerxéticos sustentables
A mecánica de rocas permite cuantificar propiedades como a resistencia a compresión, a tracción, permeabilidad, etc. que se empregarán en diferentes aplicacións prácticas por exemplo, propoñer as mellores técnicas de extracción, establecer o comportamento do macizo rocoso e/ou realizar simulaciones con distintos escenarios, que conllevarán á determinación da estabilidade dunha mina ou obra. Á súa vez tamén se poderán esclarecer as causas de sucesos pasados, como caídas de noiros, túneles, etc.
Nesta actividade, os asistentes poderán coñecer o funcionamento dun laboratorio de mecánica de rocas e realizar ensaios básicos en mostras reais. Coñecerán a importancia da mecánica de rocas no desenvolvemento tecnolóxico.
Conservando o patrimonio construído
A conservación do patrimonio construído implica o emprego de diferentes tipos de materiais: rocas, pinturas, produtos consolidantes, etc. Nesta actividade os asistentes poderán coñecer os entresijos dun laboratorio centrado na avaliación da eficacia de procedementos de limpeza e conservación empregados, por unha banda en rocas do patrimonio e por outro, en pinturas murales pertencentes a arte urbana ou street art.
Presentarase a metodoloxía empregada para evaluar calquera tratamento de conservación e os asistentes poderán empregar equipos de laboratorio como lupas binoculares, espectrofotómetros, etc.
Imaxes da actividade