Xoves estudantes de bacharelato tecnolóxico, alumnos do programa de maiores e outros colectivos de maiores participan nunha nova xornada de portas abertas – 15 de novembro de 2022

Co lema “CINTECX para todos” levouse a cabo unha nova xornada de portas abertas na que dende xoves estudantes de bacharelato tecnolóxico dos Institutos de Educación Secundaria Beade, Carlos Casares e do Castro de Vigo, ata alumnos do programa de maiores e outros colectivos de maiores puideron coñecer de primeira man a actividade investigadora que Cintecx realiza nas súas seis áreas de investigación: Electrónica e automática, fabricación e materiais, enerxía, transporte, enxeñería biomédica e sustentabilidade e recursos naturais.

Actividades

Os alumnos do programa de maiores e outros colectivos de maiores puideron disfrutar dunha visita guiada na que coñeceron os diferentes laboratorios e instalacións do centro e as actividades desenvolvidas polos nosos investigadores.

Os estudantes de bacharelato foron divididos en sete grupos e preparáronse dúas rutas alternativos polas instalacións do centro. A cada grupo adxudicóuselle unha das rutas e entregóuselles un mapa para a procura do tesouro. Debían ir buscando cada un dos laboratorios/instalacións que se lles indicaba no mapa, onde lles esperaban os investigadores do centro para explicarlles diferentes proxectos e actividades e propoñerlles diferentes probas que debían superar para poder seguir avanzando na procura do tesouro. Unha vez completado o percorrido, esperáballes unha proba final de kahoot para comprobar os coñecementos adquiridos durante a visita e conseguir así por fin o tesouro buscado.

Ruta 1

Nesta ruta os alumnos tiveron que ir realizando e superando as seguintes actividades e probas.

Procesamento de materiais con láser

Guiados polos investigadores Félix Quintero e Ana Vilas, nesta actividade os alumnos puideron descubrir o tratamento de materiais con láser.

 

Corrosión: un problema, unha solución e unha oportunidade

A investigadora Gloria Pena propuxo unha experiencia baseada na corrosión e o seu aproveitamento. Con sinxelas experiencias e con métodos electroquímico, os alumnos puideron visualizar reaccións anódicas e catódicas e clasificar metais en función do seu potencial electroquímico entre outras actividades.

 

Biosurfactantes: Novos Compostos Biodegradables

Os investigadores Xanel Vecino, Andrea Martínez e Alejandro falaron aos alumnos sobre os surfactantes, centrando o foco nos biosurfactantes, especialmente os obtidos a partir dos licores de lavado de millo, un residuo da industria agroalimentaria, e as súas diversas aplicacións a nivel industrial.

 

Montaxe de maquinaria

Os investigadores Abraham Segade e Enrique Casarejos levaron a cabo unha breve presentación/discusión cos alumnos sobre como se afronta a análise de maquinaria hoxe en día. Como exemplo de máquina explicóuselles como funciona unha serra de calar manual, mostrando un 3D da súa construción e os compoñentes que forman. Os alumnos puideron ver o 3D da montaxe dunha caladora e os seus compoñentes, debendo montar eles mesmos unha caladora e verificar que todos os compoñentes encaixan.

 

Realidade Mixta

A actividade preparada polos investigadores Mercedes Solla, Jesús Balado, Enrique Bauzá e Álex Alonso comezou cunha explicación sobre a realidade mixta e a súa diferenza coa realidade virtual. Tamén mostrou as aplicacións máis empregadas a día de hoxe e en investigación sobre as lentes HoloLens 2 en enxeñería civil, arquitectura, deseño, e educación. Os estudantes puideron participar nunha experiencia interactiva con lentes.

 

Dracarys

Los investigadores Ana Larrañaga, Raquel Pérez y Juan Jesús Rico realizaron una experiencia experimental en la que explicaron que es la combustión y realizaron un experimento de propagación de llama que utilizaron también para completar la explicación sobre los distintos tipos de llama y sobre el concepto de energía de activación.

 

Actividade final: Kahoot

Como proba final, os alumnos participaron nun concurso de Kahoot para pór a proba os seus coñecementos. Tiveron que respostar a unha serie de preguntas relacionadas coas actividades realizadas. Os gañadores obtiveron o tesouro, un premio especial, aínda que houbo regalos e sorpresas para todos.

Ruta 2

Nesta ruta os alumnos tiveron que ir realizando e superando estas outras actividades e probas.

Biomateriais: do laboratorio á clínica

Laura González achegou aos alumnos á historia e o uso dos biomateriais de maneira interactiva puidendo manipular in situ os dispositivos e accesorios que desenvolve o grupo.

 

Remediación de augas contaminadas

Os investigadores Marta Pazos, Silvia Escudero e Aida Díez achegaron aos alumnos aos procesos de remediación de augas contaminadas (absorción, proceso Fenton, etc.). En concreto, faloulles de efluentes contaminados con colorantes.

 

Visión artificial para a minería

Guiados polos investigadores Iago Pozo, Xurxo Rigueira e María Pazo os alumnos realizaron unha xincana de recoñecemento de minerais, onde os participantes apoiáronse no emprego de ferramentas de visión artificial para identificar dez minerais de distintas características, a súa formulación química e usos máis comúns.

 

Enxeñería inversa

Os investigadores Gabriel Fontela e Carlos Rivero amosoarib ao alumnado o funcionamento do escáner 3D con distintos exemplos e actividades prácticas.

 

Banco de probas de motor asíncrono, xenerador síncrono e rectificador

Nesta actividade, Alejandro Yepes, mostrou aos alumnos ensaios cun banco de probas que dispón de diferentes aparellos. Un variador conectado á rede eléctrica permite controlar mediante control V/f un motor trifásico asíncrono.

 

Termografía Infravermella

Nesta actividade os investigadores Miguel Martínez e Moisés Cordeiro introduciron aos alumnos no impacto da análise termográfica enfocada e a eficiencia enerxética para explicar a continuación, a radiación infravermella e a teoría da termografía. A actividade acabou con exemplos prácticos coa cámara termográfica.

 

Actividade final: Kahoot

Coma na ruta 1, os alumnos participaron nun concurso de Kahoot para pór a proba os coñecementos que adquiriron ao longo da súa ruta e así poder obter finalmente o tesouro.

 

Máis imaxes da actividade

O Colexio Miraflores de Ourense inaugura a primeira das xornadas de portas abertas do ano 2022 en CINTECX – 14 de febreiro de 2022

Actividades

Taller de combustión: “Combustión: The Sci-Ence Games

Guiados pola investigadora da área de Enerxía, Raquel Orozco, puideron aprender dende os conceptos máis simples ata a súa aplicación a sistemas complexos e reais coma motores de combustión, plantas de xeración de enerxía, entre outros.

 

“Intelixencia artificial: Érase unha vez un mundo de datos”

O investigador Jesús Rico explicoulles dunha maneira interactiva a aplicación destas novas tecnoloxías ao mundo da enxeñería. Neste caso, tiveron que resolver un problema de visión artificial e aprenderon a importancia da compilación de datos, desenvolvendo a súa capacidade resolutiva e a súa imaxinación.

 

Deseño mecánico e mecatrónico

No auditorio de CINTECX, o alumnado puido mergullarse de cheo nas experiencias no deseño mecánico e mecatrónico propostas polo investigadores Ángel Vilán, Gabriel Fontenla e Carlos Riveiro, que presentaron os seus proxectos como o satélite Xatcobeo, o brazo submarino TitanRob, o proxecto Demowave para aproveitamento da enerxía das mareas, robots dotados de intelixencia artificial, detección temperá de incendios forestais, etc. Como sorpresa, houbo tempo para desenvolver actividades interactivas relacionadas coa mecánica na que os estudantes puxeron a proba os seus coñecementos sobre o funcionamento da realidade que lles rodea.

 

Actividades no laboratorio

Nun dos laboratorio do centro e da man dos investigadores Iago Pozo, María Pazo e Xurxo Rigueira, os estudantes por grupos profundaron nas últimas técnicas empregadas para a extracción das tinguiduras, pasando por técnicas láser e biolóxicas, sen esquecernos da necesidade de respectar o noso patrimonio construído. Ademais, falaouse das últimas inquietudes a nivel europeo centradas na conservación de murais constituíntes do actual street art.

 

Desenvolvemento sostible e biotecnoloxía

O programa terminou coa actividade de desenvolvemento sostible e biotecnoloxía, na que a investigadora Xanel Veciño da área de Sustentabilidade e Recursos Naturais do Cintecx, guiou aos estudantes en diferentes experimentos de tratamento de augas coloreadas empregando absorbentes producidos a partir de residuos e inmobilizacións con alxinato.

 

Imaxes da actividade