Curso de formación transversal – Introdución á expresión dos resultados de medida e as súas incertezas
Este seminario ten por obxecto presentar un resumo do vocabulario específico e os conceptos básicos relacionados coa medida e a súa incerteza, detallar as regras e convencións de estilo para a expresión dos resultados de medida coas correspondentes incertezas, e facer unha introdución práctica ao proceso de avaliación da incerteza de medida segundo as recomendacións da «Guía para a expresión da incerteza de medida» (GUM).
Sumario:
– Valor medido, erro e incerteza.
– Expresión das magnitudes físicas, os seus valores e incertezas.
– Estimación da incerteza de medida: tipo A e tipo B.
– Modelo de medición, propagación da incerteza e incerteza combinada.
– Magnitudes correlacionadas: influencia das covarianzas.
– Incerteza expandida e intervalos de confianza.
– Extensións da guía GUM.
Horario:
1. Venres 4 de marzo de 2022 de 16:00 a 18:30.
2. Venres 11 de marzo de 2022 de 16:00 a 18:30.
3. Venres 25 de marzo de 2022 de 16:00 a 18:30.
4. Venres 1 de abril de 2022 de 16:00 a 18:30.
Relator:
Ángel M. Fernández Doval
Dr. Ingeniero Industrial
Prof. Titular do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo
https://adoval.webs.uvigo.es/
Inscricións: