Curso: Introducción práctica a Machine Learning para investigadores

Cintecx organiza o curso “Introducción práctica a Machine Learning” para investigadores os días 19, 20 e 21 de xaneiro de 2022. O horario será de 16:00 a 19:00 horas os días 19 e 20 e de 16:00 a 21:00 horas o 21, en modalidade presencial no auditorio de CINTECX.

O Machine Learning (ML) é o campo de estudo que dá aos computadores a habilidade para aprender sen ser explicitamente programados para iso. Desde hai anos, utilízase en innumerables aplicacións (desde detección de tumores en escáneres cerebrais ata bots de videoxogos) con resultados cada vez máis satisfactorios.

Para aproveitar de maneira completa o curso, inclúese en primeiro lugar unha breve introdución teórica aos principais conceptos relacionados co ML: tipos, aplicacións, métricas máis utilizadas, principais problemas etc. O obxectivo é introducir aos participantes na utilización das técnicas de ML para que poidan sacar proveito das mesmas aplicándoas ás súas investigacións.

 

Inscricións: https://forms.gle/BF6LsnB2SxuVYhZV6

Crédito da imaxe: ThisisEngineering RAEng on Unsplash