O Grupo de Investigación en Xestión Segura e Sustentable de Recursos Minerais (GESSMin) créase en 1993 co obxectivo de avanzar no coñecemento e na aplicación de tecnoloxías para a explotación responsable dos recursos naturais —especialmente minerais e rochas— en procesos industriais. A súa actividade baséase nos principios da economía circular e do desenvolvemento tecnolóxico sustentable.
Na actualidade, o grupo conta con 21 membros e mantén unha media anual de 25 publicacións científicas, consolidando así a súa posición como referente investigador no ámbito estatal. Dispón de laboratorios especializados en mecánica de rochas, mineralurxia, visión artificial, conservación do patrimonio cultural e enxeñaría cartográfica.
GESSMin foi recoñecido como grupo de referencia pola Universidade de Vigo en 2005 e, desde 2007, forma parte dos grupos consolidados de referencia competitiva de Galicia. A súa orientación é principalmente investigadora, cunha forte vocación de transferencia tecnolóxica e colaboración co sector industrial.
Máis información:
https://portalcientifico.uvigo.gal/grupos/17731/detalle
Javier Taboada Castro - jtaboada@uvigo.gal
