CINTECX
Outubro 17 @ 14:06
CINTECX na G-Night 2026
Setembro 25 @ 17:00 - 21:00

CINTECX participará un ano máis na Noite Europea das Persoas Investigadoras con varias actividades de divulgación científica. Organizada pola UVigo, a xornada celebrarase o venres 25 de setembro no Edificio Redeiras e na Praza do Berbés de Vigo.
O persoal investigador de CINTECX achegará a ciencia á cidadanía a través de diferentes experiencias e demostracións:
🔬 O que nos conta a cor
Descubre como a química pode transformar a cor! A través de diferentes experimentos, as persoas participantes poderán observar cambios de cor provocados por reaccións químicas e aprender a detectar substancias que son invisibles a simple vista.
Feira Científica – Praza do Berbés | Público xeral e familiar | Acceso libre | Grupos BIOSUV e GESSMIN.
🛣️ Detectives de infraestruturas
Prepárate para mergullarte no presente e futuro da detección avanzada de riscos nas estradas mediante técnicas automatizadas de última xeración. Desde técnicas remotas e intelixencia artificial ata metodoloxías BIM e integración de ensaios non destrutivos. Tamén se mostrarán os resultados dos proxectos OVERSIGHT e RADAR-EYE.
Feira Científica – Edificio Redeiras, 3.º andar | Público xeral | Acceso libre con control de aforo | Grupo Geotech.
⚡ Luz sen cables? A maxia do plasma
Descubre o poder invisible do plasma. Unha bóla de plasma pode acender, sen cables nin contacto, un tubo fluorescente no aire. Unha experiencia sorprendente para coñecer o cuarto estado da materia e o seu campo eléctrico.
Feira Científica – Edificio Redeiras, 1.º andar | Público xeral | Acceso libre con control de aforo | Grupo GTE e Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME).
🔥 Do lume á enerxía
Que necesita unha chama para arder? Neste posto aprenderase de forma práctica o triángulo da combustión e como os seus tres elementos determinan que unha chama se manteña ou se apague. Para rematar, poñerase todo o aprendido a proba cun espectacular experimento de chama confinada.
Feira Científica – Edificio Redeiras, 1.º andar | Público xeral | Acceso libre con control de aforo | Grupo GTE e Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME).
🌡️ Termografía infravermella: é posible ver a calor?
Actividade interactiva para descubrir o impacto e os usos da termografía, especialmente no ámbito da eficiencia enerxética. Mediante unha cámara termográfica, as persoas asistentes poderán visualizar a radiación infravermella que emiten os corpos.
Feira Científica – Edificio Redeiras, 3.º andar | Público xeral | Acceso libre con control de aforo | Grupo GTE e Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME).
Baixo o lema «Conciencias creativas», a Noite Europea das Persoas Investigadoras, coordinada pola UVigo, achegará a ciencia ás rúas, museos, institucións educativas e bares.
Consulta o programa completo en: Vigo – GNIGHT
