CINTECX
Outubro 9 @ 01:24
I Simposio de Enxeñaría organizado por AGEINCO (Clúster de Enxeñaría de Galicia)
Setembro 28 @ 16:00 - 18:00

O vindeiro 28 de setembro terá lugar o I Simposio de Enxeñaría, organizado por AGEINCO, unha xornada concibida como punto de encontro para profesionais, empresas e entidades vinculadas ao sector, co obxectivo de analizar os principais retos da enxeñaría galega e o seu papel no desenvolvemento económico e social de Galicia.
CINTECX estará representado pola investigadora Aida Díez Sarabia, que participará na mesa redonda «Sostibilidade e infraestruturas resilientes», centrada na xestión intelixente da auga, nos novos materiais adaptados ao cambio climático e nos retos da sostibilidade e da protección do medio ambiente.
O Simposio estruturarase en tres bloques:
- Retos, talento e competitividade.
- Intelixencia artificial aplicada á xestión de proxectos.
- Sostibilidade e infraestruturas resilientes.
Con este primeiro Simposio, AGEINCO continúa impulsando espazos de encontro que contribúan a reforzar a colaboración entre os distintos axentes do sector e a avanzar cara a unha enxeñaría galega máis innovadora, competitiva, sostible e preparada para afrontar os retos do futuro.
Consulta a web de AGEINCO para obter máis información sobre esta xornada.
