O Grupo de Investigación en Xestión Segura e Sustentable de Recursos Minerais (GESSMin) créase en 1993 co obxectivo de avanzar no coñecemento e na aplicación de tecnoloxías para a explotación responsable dos recursos naturais —especialmente minerais e rochas— en procesos industriais. A súa actividade baséase nos principios da economía circular e do desenvolvemento tecnolóxico sustentable.
Na actualidade, o grupo conta con 21 membros e mantén unha media anual de 25 publicacións científicas, consolidando así a súa posición como referente investigador no ámbito estatal. Dispón de laboratorios especializados en mecánica de rochas, mineralurxia, visión artificial, conservación do patrimonio cultural e enxeñaría cartográfica.
GESSMin foi recoñecido como grupo de referencia pola Universidade de Vigo en 2005 e, desde 2007, forma parte dos grupos consolidados de referencia competitiva de Galicia. A súa orientación é principalmente investigadora, cunha forte vocación de transferencia tecnolóxica e colaboración co sector industrial.

Máis información:
https://portalcientifico.uvigo.gal/grupos/17731/detalle

Javier Taboada Castro - jtaboada@uvigo.gal

Áreas de investigación

Liñas de investigación

  • Aplicacións do granito: explotación de canteiras, transformación do produto e análise de calidade como material de construción.
  • Conservación do patrimonio cultural tanxible: rochas, pinturas, morteiros, cerámicas, sitios arqueolóxicos; diagnóstico da deterioración e avaliación de tratamentos de consolidación, limpeza e desalinización.
  • Enxeñaría cartográfica: tecnoloxías de imaxe, láser escáner 3D, termografía 3D e GISS 3D; desenvolvemento de sistemas multisensor en plataformas terrestres e UAV para a inspección de contornos.
  • Enxeñaría xeotécnica: simulación do comportamento de escavacións subterráneas, análise hidromecánica de rochas, estabilidade de noiros e desprendementos.
  • Explotación de lousa: caracterización de xacementos, deseño de minas, métodos de explotación e análise da calidade de procesos e produtos.
  • Extracción de rochas e minerais industriais: feldespatos, caolíns, magnesitas e cuarzos; estudos de calidade e métodos de explotación mineira.
  • Modelización ambiental: avaliación do impacto ambiental, restauración de zonas degradadas, riscos naturais e contaminación atmosférica e hídrica; uso de machine learning para a análise preditiva.
  • Prevención de riscos laborais: estudos de accidentalidade, minaría de datos para o cálculo do risco e vixilancia da saúde con técnicas estatísticas avanzadas.
  • Explotación de minas: centrada na lousa e no cuarzo, con técnicas de modelización de xacementos, cálculo de reservas, valoración e planificación mineira.