O grupo de investigación EQ10 é un grupo multidisciplinar creado no ano 2009 na Escola de Enxeñaría Industrial. Desenvolve actividades no ámbito da Tecnoloxía Ambiental, cun enfoque na economía circular para a valorización de residuos da industria agroalimentaria, orientado á obtención de produtos de alto valor engadido, tales como biosurfactantes, antioxidantes, bioadsorbentes, antibióticos, entre outros.
Actualmente está integrado por 9 membros. Os seus coordinadores acumulan 4 sexenios de investigación, máis de 140 artigos SCI publicados, máis de 180 comunicacións a congresos, participación en máis de 40 proxectos de I+D e a codirección de 9 teses de doutoramento. Desde a súa creación, conta coa mención da Xunta de Galicia como “Grupo Emerxente” e “Grupo con Potencial de Crecemento”.
Máis información:
https://portalcientifico.uvigo.gal/grupos/17792/detalle
José Manuel Cruz Freire - jmcruz@uvigo.gal
