Cargando eventos

« Todos os eventos

Este evento pasou.

DCETIP26

Xullo 21 - Xullo 22

CINTECX lanza DCETIP 2026, un congreso doutoral internacional en enerxía e tecnoloxías industriais

O Congreso celebrarase os días 21 e 22 de xullo nas instalacións da EEI e está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais e profesionais do ámbito industrial.

DCETIP 2026 está concibido como un espazo de encontro para compartir avances, contrastar ideas e fortalecer vínculos entre quen investiga en áreas relacionadas coa enerxía, a tecnoloxía e os procesos industriais. O congreso está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais, doutorandas e doutorandos, persoas recentemente doutoradas e profesionais do ámbito industrial que queiran presentar resultados ou debater novas liñas de traballo.

O congreso contará con figuras de referencia internacional cuxas intervencións achegarán unha visión actualizada dos avances máis relevantes nos ámbitos da enerxía, as tecnoloxías avanzadas e os procesos industriais. Entre as persoas relatoras xa confirmadas atópanse Carmelo D’Agostino, da Universidade de Lund; Gherhardt Ribatski, da Universidade de São Paulo; Vítor Monteiro, do Centro ALGORITM da Universidade do Minho; Sergi Garcia-Segura, da Arizona State University; e Ana Leite Oliveira, investigadora do CBQF – Centre for Biotechnology and Fine Chemistry, da Escola Superior de Biotecnoloxía da Universidade Católica Portuguesa. As súas achegas reforzan a orientación internacional do encontro e subliñan o compromiso de CINTECX por atraer talento científico de primeiro nivel.

Descubre todos os detalles no programa en liña.

Inscricións abertas ata o 10 de xullo de 2026 a través da web oficial.

 

Detalles

Recinto

  • Escola de Enxeñaría Industrial Sede Campus