CINTECX
Maio 27 @ 01:08
Expo-feira cienctífica A Ciencia que vén en Baiona
Maio 26 @ 08:00 - 19:00

O vindeiro 29 de maio, o mercado de Sabarís (Baiona) acollerá a expo-feira científica “A ciencia que vén”. Este evento, organizado pola Unidade de Cultura Cienttífica e da Innovación, pretende achegar a ciencia e a investigación da Universidade de Vigo á cidadanía dun xeito lúdico e participativo.
Ao longo da xornada, poderanse visitar arredor de 20 obradoiros interactivos, onde grandes e pequenos poderán achegarse ao fascinante mundo da investigación científica. En horario de mañá, a feira recibirá a visita do alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do concello.
Pola tarde, a cita está aberta a todas as familias, con entrada libre e gratuíta, para que poidades gozar dunha tarde diferente e chea de curiosidade científica.
CINTECX participará con 3 stands:
- Rescata a auga: filtra, atrapa, limpa e xera enerxía. Obradoiro organizado polo grupo BIOSUV no cal as e os participantes poderán aprender como limpar auga contaminada a través da degradación de compostos, montaxe de filtros nunha depuradora e utilización de partículas magnéticas.
- Alerta Verde: salva o teu centro coa misión CINTECX. Experiencia educativa inmersiva creada polo CINTECX, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo coa financiación da FECYT, para formar estudantes, docentes e familias a través da experimentación e a ludificación.
- Análise e xestión de riscos e infraestruturas viarias : Prepárate para mergullarte no presente e no futuro da detección avanzada de riscos en estradas mediante técnicas automatizadas de última xeración. Desde técnicas remotas e intelixencia artificial ata metodoloxías BIM e a integración de ensaios non destrutivos. Organizado polo grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas.
