“Alerta Verde: Salva o teu Centro coa Misión CINTECX” é unha experiencia educativa inmersiva organizada por CINTECX coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, destinada a capacitar estudantes, persoal docente e persoas interesadas a través da experimentación e do xogo. As persoas participantes adéntranse nunha misión para resolver catro retos relacionados coa enerxía, a estrutura, os recursos e a seguridade, converténdose nas heroínas e heroes que a súa comunidade educativa necesita.

 

Queres que o teu centro educativo ou entidade participe?

Contacta connosco a través de: cintecx@uvigo.gal