Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1472 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4). |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana). |
Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato: | 12 meses. |
Salario bruto mensual | 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. |
Categoría laboral: | Personal investigador segundo estatuto Personal Investigador Predoutoral en Formación (Titulación Universitaria Superior). |
Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Traballo a realizar:
Monitorización de zonas de obra en estrada baseada en sistemas robotizados abertos e colaborativos.
Requisitos
- Máster.
Méritos a valorar
- Titulación académica requerida e relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (Máster) (25 puntos).
- Experiencia investigadora e cv relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e a monitorización de zonas de obra usando sistemas robóticos abertos IA (45 puntos).
- Coñecementos en Desenvolvemento baseado en ROS para a monitorización de zonas de obra (15 puntos).
- Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente aos/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos(15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
- Secretario: Pedro Arias Sánchez.
- Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de decembro de 2024.