1025-152548 Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1588
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 1500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C.

Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
Elaboración de informes. Apoio ao seguimento do proxecto. Proposta de melloras.

Requisitos

  • Grao ou equivalente nunha Enxeñería de ámbito industria (Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo dende o 01/03/2023 ata o día de inicio deste contrato, por ser requisito da axuda concedida para a realización do proxecto) .

Méritos a valorar

  • Méritos Xerais adecuados para o traballo, como coñecemento de idiomas, informática, cursos, etc. (30 puntos).
  • Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co perfil da praza (40 puntos).
  • Formación: Grao en Tecnoloxías Industrias ou do ámbito da Enxeñaría Industrial (30 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Jacobo Porteiro Fresco.
  • Secretario: David Patiño Vilas.
  • Vogal: Miguel Ángel Gómez Rodríguez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 23 de maio de 2025.