CINTECX
CINTECX
December 22 @ 03:27
Curso de formación Impresora de arcilla/cerámica Tronxy Moore X4060
16/01/2025 @ 10:00 - 12:00
CINTECX incorpora un novo equipo de fabricación aditiva, a impresora de arcilla e cerámica Moore X4060.
Para facilitar o seu uso prográmase unha formación, o vindeiro 16 de xaneiro entre as 10:00 e as 12:00, impartido polo persoal de Filament2Print, e que constará de dúas partes:
Parte 1: Práctica (H1 – CINTECX) (aprox. 1h)
- Explicación do sistema de extrusión de pasta, conexións e funcionamento.
- Carga de material e cebado do extrusor.
- Como lanzar unha impresión.
- Calibracións.
- Mantemento e consumibles.
Parte 2: Teoría (Auditorio CINTECX) (aprox. 1h)
- Configuración de Cura e preparación de perfís.
- Laminado de pezas con Cura.
- Configuración de Simplify3D e preparación de perfís.
- Laminado de pezas con Simplify3D.
Os rexistros para a formación están abertos nesta ligazón: https://forms.office.com/e/GgcPDJuCdq