CINTECX
Decembro 8 @ 09:07
Xornada de presentación Cámara Aberta CINTECX á mulleres e homes STEM
Outubro 24 @ 10:00 - 11:00

O vindeiro 24 de outubro terá lugar a xornada de presentación da iniciativa ‘Cámara Aberta CINTECX a mulleres e homes STEM’. Esta iniciativa recolle as testemuñas gravadas de trece investigadoras e investigadores e persoal do centro que nos achegan ao seu día a día, amosando como integran a súa carreira profesional coa vida persoal.
Coincidindo cunha data próxima ao Día dos Homes pola Igualdade (21 de outubro), este evento permitirá coñecer algunhas das testemuñas recollidas, identificando posibles diferenzas, barreiras ou elementos de mellora que favorezan unha toma de conciencia para sensibilizar en materia de xénero á comunidade científica e á sociedade en xeral.
Durante a sesión, ademais de presentar o vídeo resumo coas testemuñas recollidas, terán lugar dúas ponencias e unha mesa redonda con algúns dos participantes da cámara e persoas expertas tanto no ámbito da enxeñaría como da igualdade.
📅 Data: 24 de outubro de 2025
⏰ Horario: 10:00 a 11:00 h
📍 Lugar: Auditorio de CINTECX
📝 Inscricións: Abertas ata completar aforo en: https://forms.cloud.microsoft/e/e5Z7bTynKE
🗓️ Agenda – Xornada Cámara Abierta CINTECX
10:00 h
Benvida e presentación da campaña Cámara Aberta CINTECX a Mulleres e Homes STEM
Ángeles Sanromán Braga, directora de CINTECX
10:10 h
Conciliación no Entorno Industrial
Carmelo Morales Pérez, Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia
10:20 h
Cámara Aberta, en primeira persoa
Christian Gil Pereira, Investigador do grupo GTE de CINTECX
10:30 h
Presentación da iniciativa Homes de coidado
Mar Fernández Cendón, técnica da Unidade de Igualdade da UVigo
10:40 h
Mesa redonda:
Conciliación e carreira investigadora. Identificando barreiras e aspectos de mellora
Interveñen:
-
-
-
-
- Carmelo Morales Pérez (ICOIIG)
- Marta Pazos Currás (CINTECX)
- Christian Gil Pereira (CINTECX)
- Mar Fernández Cendón (Unidade de Igualdade)
-
-
-
Modera: Ángeles Sanromán Braga, directora de CINTECX
10:55 h
Conclusións e peche
11:00 h
Café
