CINTECX
Setembro 6 @ 23:41
Xornada mentoring- Divulgación na investigación
Xuño 18 @ 10:00 - 12:00

Un ano máis, desde CINTECX relanzamos o Programa Mentoring, desenvolvido co obxectivo de ofrecer unha orientación académica e profesional ao persoal investigador predoutoral que estea a realizar a súa tese no centro, na Escola de Enxeñaría Industrial, así como ás persoas doutoradas nos dous últimos anos e alumnado de TFG ou TFM. Este programa conta con diversas actividades tanto formativas como de mentoría.
A sesión inaugural terá lugar o vindeiro 18 de xuño coa xornada “Claves para a Carreira Investigadora: Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría”, organizada de maneira conxunta entre CINTECX e a Escola de Enxeñaría Industrial (EEI), conmemorando o Día da Muller na Enxeñaría.
Durante a sesión, contaremos con persoal experto que abordará aspectos relevantes como:
- A importancia de divulgar na carreira investigadora.
- Ferramentas e boas prácticas para contar a túa investigación.
- Experiencias en primeira persoa: divulgando á sociedade e divulgación en proxectos europeos.
Así mesmo, terá lugar a mesa redonda “Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría”, na que diferentes investigadoras e perfís expertos de ambos centros compartirán a súa experiencia, respondendo a cuestións relevantes e abrindo o debate ao persoal asistente.
Enmarcado no Día Internacional da Muller na Enxeñaría (23J), este encontro presentará tamén a I Edición dos Premios Beatrice Hicks CINTECX-EEI, co obxectivo de visibilizar o papel de figuras que teñen marcado fitos e aberto camiño no ámbito tecnolóxico-industrial.
📍 Localización: EEI – Sede Campus (Vigo) (pendente de confirmar)
⏰ Horario: 10:00 – 12:00
👉 Acceso libre. Prazas limitadas ata completar aforo.
Para INSCRIBIRSE é necesario cubrir o seguinte formulario antes do 15 de xuño: https://forms.office.com/e/zXxLLzGrM7

