Cargando eventos

« Todos os eventos

Este evento pasou.

Exposición en línea Mujeres Investigadoras CINTECX

Febreiro 11 - Marzo 8

Con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, CINTECX volve coa Exposición “Mulleres Investigadoras CINTECX”.

A través de ilustracións e frases motivadoras, CINTECX presenta a traxectoria e experiencia de doce científicas como referentes para inspirar ás novas xeracións, promovendo unha ciencia libre de estereotipos no ámbito tecnolóxico e industrial.

Esta mostra, accesible en liña, poderá visitarse de maneira permanente na sección de Igualdade da web de CINTECX.

Ademais de realizar a visita interactiva en liña, a exposición tamén estará presente o vindeiro 11 de febreiro na actividade Elas Fan CienTec, organizada pola Unidade de Cultura Científica da UVigo no Edificio Miralles.

📲 Visita a exposición en liña ‘Mulleres Investigadoras CINTECX’

Detalles

  • Comezo: Febreiro 11
  • Remate: Marzo 8

Recinto

  • Cintecx