CINTECX
CINTECX
Novembro 7 @ 02:43
Este evento pasou.
Curso Hábitos saudables no posto de traballo
Xullo 21 @ 10:00 - 13:30

O Laboratorio Saudable de CINTECX lanza o curso ‘Hábitos saudables no posto de traballo’, que se celebrará nas instalacións do centro o vindeiro 21 de xullo en horario de mañá.
Trátase dun curso teórico-práctico impartido por persoal experto, cun máximo de 20 asistentes, repartidos en 2 grupos en diferentes franxas horarias (ver detalles abaixo).
Co obxectivo de fomentar hábitos saudables entre o persoal investigador e de apoio á investigación do centro, promovendo a actividade física e o deporte, as sesións abordarán os seguintes contidos:
- Exposición teórica sobre o funcionamento da postura e a formación de hábitos saudables.
- Análise dos postos de traballo específicos e detección de riscos.
- Valoración individual para establecer necesidades máis evidentes e recomendacións.
- PRÁCTICA: Execución e instrución de exercicios e rutinas. Elaboración dun plan de traballo co fin de producir cambios positivos.
Inscricións abertas ata completar aforo: https://forms.office.com/e/3gTv7w5XAb
