Traballo na produción de hidróxeno e na degradación e adsorción de contaminantes. Investigo a rotura electroquímica da auga para producir hidróxeno e uso procesos de oxidación avanzada para eliminar fármacos e pesticidas. Tamén sintetizo materiais porosos para atrapar contaminantes.
A investigación proporcióname motivación constante ao enfrontarme a desafíos e desenvolver solucións innovadoras en enxeñaría, con aplicacións prácticas e beneficiosas. Son unha persoa bastante inqueda e creo que iso foi un motor moi positivo na miña carreira científica.
A miña curiosidade permitiume compaxinar varios proxectos e liñas de investigación, construíndo un currículo competitivo.
Intento buscar alternativas para mellorar o medio ambiente e contribuír á sociedade mediante procesos de adsorción e oxidación avanzada para eliminar contaminantes, e a xeración de H2 como fonte de enerxía renovable.
Ás mozas diríalles: “se vos gusta a ciencia e vos aburre a monotonía, a investigación é a solución”. É un campo versátil con diversas tarefas, desde experimentación en laboratorio ata
redacción de artigos e asistencia a congresos.
