CINTECX
Outubro 23 @ 18:10
Cintecx presente na Feira de Biotecnoloxía Biospain 2026
Setembro 29 @ 10:00 - Outubro 1 @ 14:00

CINTECX formará parte da delegación galega que participará en BIOSPAIN, un dos principais eventos internacionais de biotecnoloxía e un dos encontros de referencia do sector a nivel mundial polo número de reunións individuais e de empresas participantes.
A presenza de CINTECX neste encontro permitirá establecer contactos con empresas e entidades do ámbito da biotecnoloxía e explorar novas oportunidades de colaboración.
BIOSPAIN destaca polo seu carácter internacional: o 30 % das persoas delegadas procede de fóra de España e, das 287 empresas expositoras participantes, o 32 % son internacionais.
Lugar: Pavillón 2 do Bilbao Exhibition Centre (BEC), Barakaldo, Bilbao, País Vasco.
Consulta a web de BIOSPAIN para obter máis información sobre este evento.
