CINTECX, conforme ao recollido na nosa “Política de igualdade”, está comprometido coa igualdade efectiva entre mulleres e homes, manifesta o seu total compromiso coa garantía da integración da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos e actividades que se desenvolven no centro, e asume o encargo de impulsar medidas no ámbito das competencias do centro para conseguir a igualdade real.

Para conseguir este obxectivo, CINTECX realiza unha análise desagregada por xénero de toda a súa actividade, así como accións específicas de promoción do talento feminino e diferentes eventos.