investigación
 

Liñas estratéxicas de investigación

Fabricación aditiva

 

A actividade de CINTECX no ámbito da fabricación aditiva pódese clasificar en dúas liñas principais:

  • Optimización e análise do produto. Acreditamos unha dilatada experiencia en caracterización microestrutural e mecánica e na análise da resistencia á corrosión, fundamentalmente de materiais metálicos, incluíndo:
    • Técnicas de pos-procesado, como tratamientos térmicos e electroquímicos.
    • Avaliación da resistencia á corrosión, análise de par galvánico, picaduras e produtos de corrosión.
    • Desenvolvemento de novos filamentos e avaliación da capacidade de reciclaxe.
  • Desenvolvemento de procesos de fabricación aditiva asistidos por láser. Atesouramos unha experiencia de máis de dúas décadas no desenvolvemento de tecnoloxías entre as que se contan:
    • Desenvolvemento de estacións de traballo para fabricación aditiva de aleacións de cromo-cobalto oo titanio en atmósfera inerte pola técnica Laser Directed Energy Deposition.
    • Desenvolvemento da tecnoloxía de micro-cladding para o aporte de material con alta resolución espacial por LDED.
    • Fabricación aditiva de elementos para substitución ósea fabricados a partir de biocerámicas como fosfatos cálcicos, vidro bioactivo ou vitrocerámicos.

 

Hidróxeno verde