CINTECX

March 9 @ 15:43

11F Mulleres investigadoras CINTECX
January 29 @ 11:00 - 12:30

Presentación do Calendario e Exposición ‘Mulleres Investigadoras CINTECX 2025’
Data: Mércores 29 de xaneiro
Lugar: Auditorio CINTECX
Horario: De 11h a 12h
Descrición: Iniciativa que forma parte das accións de igualdade de CINTECX, coincidindo coa inauguración dos actos do 11F no centro para conmemorar o día da muller e a nena na ciencia, para visibilizar ás mulleres investigadoras do centro, a través dun calendario ilustrado onde as investigadoras contan a súa experiencia, inquietudes e animan as mozas a descubrir o mundo da investigación.
Durante o evento terá lugar unha mesa redonda sobre Igualdade na Investigación na que participará a vicerreitora de Investigación Transferencia e Innovación da UVigo, Belén Rubio Armesto, a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Yolanda Rodríguez Castro, a directora de CINTECX, Ángeles Sanromán Braga, a investigadora de CINTECX como Gloria Pena Uris, a directora do IIM-CSIC, Beatriz Novoa García e a coordinadora da área de medio ambiente de AIMEN, Luz Herrero Castilla.
Finalmente, terá lugar a inauguración da exposición 11F ‘Mulleres Investigadoras CINTECX 2025’, ubicada na primeira planta do edificio, onde se mostrarán os carteis coas ilustracións das investigadoras do calendario e as súas mensaxes poñendo en valor o traballo da muller na investigación. A exposición permanecerá accesible durante todo o mes de febreiro para todas as persoas que desexen achegarse.
Inscripcións no seguinte formulario
Acceso libre ata completar aforo.