CINTECX conta cun edificio propio, con máis de 2000 m2 construídos, distribuídos en dúas plantas e nave-taller, situado no Campus de Lagoas- Marcosende (antigo MTI).
Nas plantas sitúanse o despacho de dirección, zona administrativa, sala de xuntas, salón de actos e zona común de esparexemento, 21 laboratorios e unha sala de simulación.
Os laboratorios están equipados con máis de cen equipos de aplicación ao ámbito científico-tecnolóxico, que permiten ofrecer servizos como a realización de ensaios de motores, medición e redución de emisións, ensaios mecánicos, climáticos, térmicos, de corrosión, análises químicas, caracterización de materiais, procesado láser, electrónica de potencia ou rugosidade e perfilometría, entre outros, ademais de cálculo e simulación de procesos e produtos, actividade para a que conta cunha das máis grandes infraestruturas de cómputo do SUG.
Picar no plano para acceder a cada instalación.
Instalacións Cintecx

Laboratorio de Ebulición

Laboratorio de análise de procesos de cambios de fase de fluídos refrixerantes en dispositivos de intercambio térmico empregados na industria automobilística.
Equipos singulares:
- Cámara de alta velocidade: Phantom Veo410, 5,200 fps @ 1,280x800 pixel
- Cámara de alta velocidade: AOS Technologies Q-PRI, 2,000 fps @ 900x700 pixel
- Circuíto pechado de fluído refrixerante, rango de traballo: 250-3000kg/h, 1-5 bar abs, 25-100ºC, 25-100L.
- Cámara termográfica: FLIR E60 IR resolution 320 × 240 pixel
- Analizador de fluxo: HI-5321 Research Grade EC/TDS Meter with USP for conductivity measurement
- Analizador de fluxo: HI-5221 Research Grade pH/ORP/Temperature Meter
- Analizador de fluxo: HI-96831 Digital Refractometer for Ethylene Glycol Analysis
- Iluminación: High Power LED: GS VITEC MULTILED G8 SET
- Frameless modular DAQ system: IMC CRONOS flex CRFX-400 + CFRFX/DCB2-8; Up to 2000 kS/s per system and up to 100 kS/s per channel
Laboratorio de caracterización de superficies

Laboratorio de estudo e caracterización de superficies mediante o emprego de técnicas ópticas non invasivas, centrado principalmente na análise de superficies de transferencia de calor.
Equipos singulares:
- Perfilometro sensofar (microscopia confocal +interferometrico, obxectivo10Xy20X, resolución ata 20 nm)
- Microscope: PLU Neox3D Optical Profiler + Objective DI 50X 0.55NA; 3-in-1 technologies, Active Illumination Focus Variation - Confocal - Interferometry; Vertical Resolution < 0.3 nm
- Equipo de Impresión 3D, 3dKreator, de impresión multi-material (ABS, PLA, FLEX, PET, Madeira...)
Laboratorio de Biomasa

Laboratorio de ensaios de produtos e compostos de biomasa, probas de melloras nos procesos ensuciamento e mantemento de equipos, verificación de especificacións técnicas de caldeiras, optimización de procesos de combustión, e análise de deseños de caldeiras.
Equipos singulares:
- Caldeira de biomasa: Caldeira de biomasa de pellets e achas KWB Multifire 60kW
- Caldeira de biomasa: Caldeira de pellets Ecoforest 24kW
- Equipo termogravimétrico: SETARAM, Analizador simultáneo de Termogravimetría (TGA) e Calorimetría Diferencial de Barrido (DSC).
- Queimador experimental por lotes para analizar a velocidade do fronte de avance.
- Queimador con alimentación continua para estudar a combustión e o ensuciamento nas caldeiras.
Laboratorio de ensaios ambientais

Laboratorio de ensaios ambientais de temperatura e humidade para o estudo do comportamento de fenómenos de corrosión, presenza de altos gradientes de temperatura, choques térmicos ou envellecemento acelerado en diferentes procesos industriais.
Equipos singulares:
- Cámara Climatizada e Termostática: ACS Discovery DM600 C ES TT03743 equipada cun kit deshumificador. Rango de temperatura: dende -75°C a +180°C
Cela de Ensaio de Motores

Laboratorio para a investigación e posta a punto de motores de combustión, baixo diferentes condicións e combustibles, dentro dunha contorna controlada e completamente sensorizado.
Equipos singulares:
- Diésel tricilindrico para o ensaio de biocombustibles
- V-Twin gasolina con centralita de control en tempo real
- Motor Stirling
Laboratorio de Emisións de Combustión

Laboratorio de xeración e análise de fluxos de gases de combustión para o estudo da materia particulada e as especies presentes na corrente de gases, con fin de avaliar novos sistemas de control de emisións e desenvolver tecnoloxías máis limpas para o sector do transporte.
Equipos singulares:
- SMPS (Scanning Mobility Particle Sizer), TSI 3936 L75-N
- Opacímetro
- Precipitador electrostático
- Sistema de inxección de hidrocarburos
- Multifunction I/O Device Manual NI USB-6343: 32 AI, 4 AO and 48 Digital I/O
Laboratorio de Simulación Numérica

Laboratorio onde se preparan e realizan simulacións numéricas multifísicas, empregando diferentes softwares de simulación e en múltiples proxectos, principalmente nas áreas de enerxía, transporte e enxeñería biomédica.
Equipos singulares:
- Licencias de softwares de simulación: Ansys (CFD & FEM), StarCD, Matlab, etc.
- No exterior do edificio, a disposición do Cintecx disponse dun HPC (High Performance Computing) cunha capacidade de 80.5 TFLOPs conformado por 1560 núcleos e 7.6TB de memoria RAM unidos por rede InfiniBand™ de baixa latencia.
- No propio edificio, disponse doutro clúster de cálculo, cunha capacidade de 14.5 TFLOPs, composto por 18 servidores de cálculo cun total de 512 nodos e 2.12 TB de RAM dedicado ao desenvolvemento de código e cálculos iniciais.
Laboratorio de macroprocesamento con láser

Laboratorio de láseres de alta potencia para procesamento de materiais a escala macrométrica. Neste laboratorio realízanse procesos tales como soldadura disímil metal A-metal B, fabricación aditiva de aliaxes metálicas, plaqueado con láser, etc.
Equipos singulares:
- Láser de fibra de Iterbio de 3 kW. Lonxitude de onda: 1070 nm.
- Estación de fabricación aditiva de aliaxes metálicas mediante láser.
- Estación de soldadura mediante láser con aporte de fío para soldaduras homoxéneas ou de metais disímiles.
Laboratorio de microprocesamento con láser

Laboratorio de láseres pulsados para procesamento de materiais a escala micro e nanométrica. Neste laboratorio realízanse procesos tales como tratamento superficial de materiais poliméricos, metálicos ou cerámicos, micro-corte ou micro-perforado de alta precisión, produción de nanopartículas, etc.
Equipos singulares:
- Láseres pulsados con pulsos de nanosegundos. Lonxitudes de onda: 1064 nm, 532 nm e 355 nm.
- Láser pulsado con pulsos de picosegundos. Lonxitude de onda: 1064 nm.
- Diversas cámaras de procesamento de materiales con láser en atmósfera controlada.
Peirao de carga

Os accesos acondicionados para vehículos pesados, facilitan os traslados e adquisicións de grandes equipamentos científico-industriais no edificio.
Garaxe e zona de subministracións

Garaxe de vehículos de probas e zona destinada á subministración de fluídos de traballo.
Equipo singular:
- Sistema láser móbil (Lynx Mobile Mapper M1 de Optech)
Taller de Mecanizado
Taller dotado con equipamento xeneralista para operacións de mantemento dos equipos científico-técnicos, está ao dispor de todas as áreas e é para uso específico dun técnico de taller.
Equipos singulares:
- Torno Heller LC 360/1000
- Serra de cinta. BELFLEX BF-200-SC
- Prensa hidráulica 20TN: Unicraft WPP 20 E
- Fresadora de columna móbil FORTEX FTX-45-TFS
Taller de Fabricación Aditiva
Laboratorio destinado a operacións de impresión 3D, mediante impresora de sinterizado láser, mantendo condicións ambientais constantes.
Equipos singulares:
- Impresora Sinterit Lisa PRO, con cabina de mestura e equipos auxiliares.
Área de descanso

Zona de descanso para o uso dos membros de CINTECX, composta por un espazo de diferentes ambientes e dotada con cociña office.
Sala de Xuntas

Local adaptado para a celebración de reunións de grupo, con capacidade para 15 persoas, dotado con dispositivos audiovisuais para a realización de conferencias en liña.
Auditorio

Espazo acondicionado para a celebración de conferencias e presentacións con capacidade para 30 persoas.
Despacho de dirección
Espazo destinado para desenvolvemento das actividades de dirección e coordinación de CINTECX.
Despachos de Administración e Xestión

Espazo destinado para a realización das tarefas de administración e xestión de CINTECX.
Accesos e servizos Planta1

Espazos de tránsito e comunicación entre os diferentes laboratorios. Empréganse eventualmente para coffee e outros eventos.
Accesos e servizos Planta 2

Espazos de tránsito e comunicación entre os diferentes laboratorios. Empréganse eventualmente para coffee breaks e outros eventos.
Accesos e servizos Planta 0

Espazos de tránsito e comunicación entre os diferentes laboratorios. Permiten o paso de maquinaria e equipos de grandes dimensións.
Zona de servizos

Espazos de tránsito que permiten o paso de maquinaria e equipos de grandes dimensións.
Laboratorio de Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais

Laboratorio de mecánica de rochas, conservación do patrimonio cultural e enxeñería cartografica. Emprégase en áreas como a explotación e planificación mineira, enxeñería mecánica de rochas, enxeñería cartográfica, conservación do patrimonio cultural, modelado ambiental e seguridade.
Equipos singulares:
- Prensa modelo MES 200 cunha capacidade de carga de 2000 KN, servocontrolada e con sistema de raís para a introducción de mostras. Inclúen bastidor e marco de compresión oleoneumático de 2000 kN, sistema de adquisición de datos de presión e de datos para LVDTs.
- Cámara Sick ColorRanger E50 (Ranger-E50434), matricial, capaz de realizar un “MultiScan” e recabar información 3D e RGB en distintas partes do sensor CMOS. Sistema de iluminación LED branca e Láser de clase IIIB. Plataforma electromecánica do prototipo. PC con software de MVTec Halcon 12. Cámara 3D láser scanner e unha 2D lineal.
- Goniómetro Phoenix-300 Touch SEO equipado cun sistema de dosificación automática e unha cámara CCD con zoom de 6.5x.
- Sistema LiDAR de mano GEOSLAM. Este equipo, que constitúe a última xeración de sistemas de medición láser e posicionamento autónomo por scan-matching,
- Sistema LiDAR terrestre FARO. Este equipo permite a dixitalización 3D de entornos naturais e construídos a través da xeración automática de nubes de puntos de moi alta calidade e precisión milimétrica.
Laboratorio de Sistemas Xeoespaciais

Laboratorio de Sistemas Xeoespaciais para o modelado ambiental e dos espazos construídos. Desenvolvemento de métodos e ferramentas baseadas no uso de datos xeoespaciais (imaxes de diferente natureza e LiDAR), para unha mobilidade eficiente, resiliencia das infraestruturas e xestión intelixente da contorna.
Equipos singulares:
- Láseres escáner terrestres: LMS-Z390i de Riegl, LiDAR Faro Focus 330X, LiDAR Hokuyo UGR30, Hokuyo UTM-30LX, Velodyne.
- UAVs: MikroKopter Okto XL, 3DR, Foxtech. DJI Phantom 3.
- Cámaras fotogramétricas: Canon 5D, Canon 10D, Sony Nex 6, Sony Nex 7.
- Cámaras termográficas: NEC TH9260, Gobi 640 GigE,
- Cámara hiperespectral Cubert ULTRIS
Laboratorio Técnico de Integración e Enxeñería Mecánica Aplicada

Espazo dedicado a integración mecánica de prototipos ( electro-mecánica, mecatrónica, automatismos). Ensaios, posta a punto, control. Experiencia en prototipado e montaxes con fibra de carbono.
Equipos singulares:
- Laser-tracker Faro Vantage. Rango: envelope (horizontal: 360°; vertical: 130°) up to 80 m; resolution: 0.5um / 2’’; sampling: 16000 Hz.
- Cámara de termo-vacío. Rango: 50 mbar - 6atm; volumen útil: 1775 mm x D930 (1.2 m3); apertura ampla, bandeixa servizo (1600 mm x 550 mm, 800 Kg); calefactor 18 kW; bomba vacío (12 m3/h).
- Sensores múltiples (células de carga, acelerómetros, temperatura, baleiro).
Laboratorio de Electrónica de Potencia

Laboratorio de investigación no campo dos accionamentos eléctricos, no control de convertidores en sistemas de xeración distribuída e en conversión electrónica de potencia en aplicacións industriais.
Equipos singulares:
- Banco de ensaios de accionamentos eléctricos formado por máquinas eléctricas, sensores de par e velocidade, convertidores electrónicos de potencia.
- Banco de ensaios de sistemas de xeración distribuída formado por convertidores electrónicos de potencia, sistemas de xeración e sistemas de almacenamento de enerxía.
Laboratorio de Bioenxeñería e Procesos Sostibles

Laboratorio de deseño, optimización, innovación de procesos químicos, bioquímicos e ambientais. A súa actividade focalízase nas seguintes liñas de traballo:
- Economía circular e valorización de residuos industriais
- Remediación de chans e augas residuais urbanas e industriais
- Biotecnoloxía aplicada á produción e escalado de metabolitos
- Estratexias innovadoras en procesos de separación
Equipos singulares:
- Planta Piloto composta por 8 Biorreactores BRAUN BIOTECH 2 L, equipada con sistema de control e adquisición de datos. Complementado con Autoclave Selecta
- Presoclave 75 L, Incubadores orbitais termostatizados e Cabina de Seguridade Biolóxica BIO II ADVANCE 4.
- Forno de atmósfera controlada Thermolyne Atmosphere Controlled Ashing Furnaces - F6030CM-33-60, cun volume de traballo de aproximadamente 14L.
- Equipos Electroquímicos de altas prestacións AUTOLAB modelo PGSTAT302N + FRA32M / ADC10M / SCAN / DYN.LOAD / VOLT.MULT / MUXMULTI
- Espectrofluorímetro Jasco FP-8300
- Equipos de cromatografía HPLC 1100 e 1260 con detector DAD, GC-MS Agilent 6850 e GC-FID Agilent 7820
Laboratorio de conversión de residuos e correntes secundarias en produtos de interese industrial

Laboratorio especializado na extracción, purificación, caracterización e aplicación de biosurfactantes así como na elaboración de bioadsorbentes, ambos os produtos baseados no aproveitamento de residuos agroindustriais, economía circular e simbiose industrial.
Equipos singulares:
- Cromatógrafo de Líquidos de alta resolución (HPLC), con detectores de DAD, Fluorescencia e Índice de Refracción.
- Espectrofotómetro UV/Vis de dobre feixe con sistema multicela termostatizada.
- Lector de microplacas Multiskan FC con incubador.
- Tensiómetro dixital semiautomático.
- Viscosímetro dixital programable Brookfield, versión LV para baixas viscosidades.
- Rotavapor con bomba de membranas e sistema automático de control de baleiro.
- Biorreactor con control de axitación, pH, temperatura e osíxeno disolto.
- Cabina de fluxo laminar.
- Homoxeneizador Ultraturrax.
- Liofillizador Telstar LyoQest -85ºC
- Ultraconxelador de -86ºC Thermo serie 900.
Laboratorio de Investigación e Simulación Computacional en Ingeniería Mecánica Aplicada

Equipado para 8 postos de traballo de deseño e cálculo. Espacio de reunións de traballo.
Equipos singulares:
- Licencias de investigación e comerciais de ANSYS
- Estación de cálculo Intel Xeon W-2155 10Cores 3.3GHz-4.5Ghz QuadChannel, 64Gb DDR4, Quadro M6000 12Gb 12 Gb DDR5
- Estación de cálculo Intel Xeon Gold 6242 2.8GHz, 192Gb DDR4
Laboratorio de Novos Materiais

Sala de coworking de investigadores e investigadoras do grupo Novos Materiais baseado no concepto de laboratorio de ideas. Trátase dun espazo que promove o traballo colaborativo, o intercambio de novas ideas e fomenta a reflexión, a creatividade e a inspiración, todo iso orientado ao desenvolvemento de novos materiais.
Equipos singulares (en laboratorios anexos):
- Laboratorio de Procesado con Láser (Sala Blanca Certificación Clase ISO-7)
- Laboratorio de Biomateriais, equipado con impresoras 3D
- Laboratorio de Cultivos Celulares in vitro para testado de materiais
Laboratorio de Corrosión e Caracterización de Materiais

O laboratorio dedícase á caracterización de materiais polas súas propiedades físicas, químicas e estruturais. As propiedades físicas e estruturais están asociadas ao material masivo. Das químicas estúdanse basicamente as electroquímicas, asociadas á superficie do material, máis especificamente a interfase metal-medio (corrosión).
Equipos singulares:
- Equipos de análises térmicas: calorímetro diferencial de varrido (DSC) e balanza termogravimétrica (TG). Permiten observar os cambios sufridos polo material nunha atmosfera controlada cando se somete a un ciclo térmico.
- Porosímetro de intrusión de mercurio (PIM), empregado para a determinación da porosidade de materiais cerámicos, fundamentalmente cemento e os seus derivados.
- Cámaras climáticas que permiten controlar as condicións de humidade relativa e temperatura, adecuadas para a realización de ensaios acelerados.
- Espectrofotómetro de UV-visible, para a identificación de substancias e a súa concentración en disolución.
- Analizador de absorción de humidade, IGAsorp. Para a determinación dos procesos de absorción/desorción da mostra en condicións moi controladas de humidade relativa e temperatura.
- Microscopio electroquímico de varrido (SECM) permite caracterizar a nivel local (rango de micrómetros) a reactividade superficial do material.
- Potenciostato galvanostato que permite realización de distintas técnicas electroquímicas de caracterización de interfaces, incluíndo voltametría cíclica (CV) e espectroscopía de impedancia electroquímica (EIS).
Laboratorio de equipos de investigación en autoservizo
