En calquera publicación ou difusión de resultados científicos, aparición en medios de comunicación e, en xeral, en todos os documentos que se xeren con motivo da súa actividade, o persoal investigador do centro fará constar sempre a súa pertenza ao CINTECX. En concreto, na produción científica dos investigadores de CINTECX debe levar esta adscrición en primeiro lugar, empregando o formato dalgún dos seguintes exemplos:
- CINTECX, Universidade de Vigo, Campus As Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo, España.
- CINTECX, Universidade de Vigo, Encomat, 36310 Vigo, España.
- CINTECX, Universidade de Vigo, Departamento de Física Aplicada, 36310 Vigo, España.
- CINTECX, Universidade de Vigo, APET, Dpto. de Tecnoloxía Electrónica, 36310 Vigo, España.
No caso de que algún investigador de CINTECX estea vinculado ademais a outra institución allea á Universidade de Vigo deberá incluír a dobre filiación por separado.
O persoal doutras institucións que desenvolva un labor temporal en CINTECX deberá incluílo na súa filiación en todas as publicacións relacionadas total ou parcialmente co traballo desenvolvido durante a súa estancia.
Protocolo para a normalización da sinatura científica (Universidade de Vigo)