| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1726 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4). |
| Xornada: | Tempo completo (37.5 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
| Duración do contrato: | 12 meses. |
| Salario bruto mensual | 1850 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo |
| Categoría laboral: | Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF). |
Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
OFERTA BASEADA NUNHA RESOLUCIÓN PROVISIONAL OU COMUNICACIÓN FORMAL DA ENTIDADE FINANCIADORA
Traballo a realizar:
Desenvolvemento de metodoloxías avanzadas de dixitalización do ambiente construído, incluíndo a análise, integración e modelado de datos xeoespaciais. Publicación e difusión dos resultados en revistas científicas indexadas e en congresos internacionais de referencia.
Requisitos
- Grao en Enxeñaría. Matrícula nun programa de doutoramento relacionado coas xeotecnoloxías na Universidade de Vigo a tempo completo.
Méritos a valorar
- Formación académica e outros cursos de formación (35 puntos).
- Experiencia investigadora e cv (45 puntos).
- Entrevista (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Lucía Díaz Vilariño.
- Secretario: Antonio Fernández Álvarez.
- Vogal: Henrique Lorenzo Cimadevila.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de decembro de 2025.
