| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1955 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato vinculado a liñas de investigación |
| Xornada: | Tempo completo (37,5 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | 16/12/2026. |
| Duración do contrato: | Indefinido. |
| Salario bruto mensual | 1.875,28 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. |
| Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar:
Obtención, caracterización e aplicación dos extractos de biosurfactantes obtidos mediante procesos de electromembrana a escala piloto.
Requisitos
- Grao e Mestrado en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións afíns .
Méritos a valorar
- Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado (40 puntos).
- Méritos específicos relacionados coas funcións a desempeñar (45 puntos).
- Entrevista persoal aos candidatos que, na suma dos méritos, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos)
Comité avaliador
- Presidente: Xanel Vecino Bello .
- Secretario: José Manuel Cruz Freire.
- Vogal: Ana Belén Moldes Menduíña.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de novembro de 2026.
