| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1940 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida |
| Xornada: | Tempo completo (37,5 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | 01/12/2026. |
| Duración do contrato: | Indefinida. |
| Salario bruto mensual | 1.875,28 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. |
| Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
(OFERTA BASEADA NUNHA RESOLUCIÓN PROVISIONAL OU COMUNICACIÓN FORMAL DA ENTIDADE FINANCIADORA)
Traballo a realizar:
Investigación en IA para a avaliación proactiva da seguridade das infraestruturas viarias para ciclistas.
Requisitos
- Grao e Mestrado (ou equivalentes) en enxeñaría.
Méritos a valorar
- Nota media do expediente académico (35 puntos).
- Experiencia investigadora e CV, relacionadas coas Xeotecnoloxías Aplicadas e a Intelixencia Artificial (35 puntos).
- Experiencia profesional relacionada coa programación e a automatización de procesos con información xeomática (15 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Mario Soilán Rodríguez.
- Secretario: Mercedes Solla Carracelas.
- Vogal: Jesús Balado Frías.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de outubro de 2026.
