Cintecx engade ao seu catálogo de servizos o dispositivo Analizador XRF Olympus Vanta C., dispoñible para o seu uso a través da plataforma LIMS para investigadores de toda a comunidade universitaria e doutros centros de investigación ou empresas, realizando unha solicitude en modalidade de autoservizo.
O Analizador XRF Olympus Vanta C permite medir a composición dos elementos a través da técnica de fluorescencia de raios X (XRF). Este analizador portátil XRF permite resultados inmediatos in situ, con calidade de laboratorio, gracias á potente técnica non destrutiva XRF.
O pasado 4 de maio celebróuse unha formación específica sobre o seu uso. O persoal investigador de Cintecx asistente puido coñecer como montar e instalar o dispositivo, a interface de usuario e o software de control, como configurar e xestionar datos, como preparar a mostra, así como recibir indicacións sobre coidados e boas prácticas. Con esta formación, os asistentes quedaron capacitados para o manexo e uso en modalidade de autoservizo do equipo.
A adquisición de novos equipos permite a Cintecx seguir proporcionando apoio científico e tecnolóxico e contribuir ao avance das investigacións realizadas tanto no Centro como en toda a Universidade de Vigo en diferentes áreas de investigación.