A Investigación e Innovación Responsable (RRI polas súas siglas en inglés) ten como obxectivo desenvolver proxectos, actividades e iniciativas que contribúan a reducir a fenda entre a comunidade científica e todos os axentes sociais, desde a cidadanía ata a administración, pasando polo sector empresarial e industrial, e o tecido da economía social.
O curso, Introduction to Responsible Innovation: Theory and Practices, estará dividido en dúas sesións presenciais: 13 e 21 de outubro, de 16.00 a 20.00 horas e unha virtual: 18 de outubro de 16.00 a 17.00 horas e na que por centro poderán inscribirse 6 persoas.
Inscricións ata o 7 de outubro na seguinte ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSchX88979JgnB2SvmigSnUTzvgnv-LcikjN50CmjRl9PQj9jA/viewform