CINTECX

Marzo 9 @ 22:31

Xornada Técnica CINTECX CHALLENGE 2025
Xaneiro 22 @ 10:00 - 12:00

Xornada técnica CINTECX Challenge 2025. Durante a xornada presentaranse os resultados dos dous proxectos gañadores do Challenge 2024:
- Optimización e escalado da división electroquímica da auga para a xeración de H2. IP: Aida Diez Sarabia
- Estratexias sostibles para a conservación da arte urbana – SMART. IPs: Raquel Pérez Orozco e Jose Santiago Pozo Antonio
A continuación presentaranse as propostas recibidas para a convocatoria Challenge 2025.
CINTECX Challenge é unha convocatoria anual de subvencións na modalidade de concorrencia competitiva para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de I+D entre investigadores integrados no centro. Trátase dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva aberta a todo o persoal investigador do centro, na que anualmente se financian dous proxectos de investigación (novo nesta convocatoria) no ámbito das Tecnoloxías Industriais, que deberán presentar unha proposta de colaboración entre os distintos colectivos do centro. O proxecto ten unha duración dun ano natural, e durante os últimos meses do proxecto, para tentar chegar ao público en xeral, preséntanse os seus resultados no acto concreto e realízanse actividades de difusión, seguindo as políticas do CINTECX e da Universidade de Vigo.