Cargando eventos

« Todos os eventos

Este evento pasou.

Lanzamento Alerta Verde: Salva o teu centro coa Misión CINTECX

Marzo 25 @ 11:00 - 12:00

O vindeiro 25 de marzo ás 11:00 h, CINTECX lanza o proxecto “Alerta Verde: Salva o teu centro educativo coa Misión CINTECX”, unha iniciativa desenvolvida no marco da Convocatoria de Fomento da Cultura Científica 2024, financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

“Alerta Verde” é unha proposta educativa que combina un videoxogo tipo Escape Room con actividades presenciais nas instalacións de CINTECX, co obxectivo de achegar ao alumnado a ámbitos clave como a sustentabilidade, as enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a economía circular. A través desta experiencia inmersiva, búscase fomentar a aprendizaxe activa, a experimentación e o contacto directo coa investigación científica desenvolvida no CINTECX.

Programa provisional:

O evento contará coa participación de asociacións e empresas colaboradoras como Down Galicia e Vigo, Asociación Secretariado Xitano e Asociación Galega de Divulgación Científica – Divulgacción –, entre outras. O lugar de presentación será o Auditorio de CINTECX.

A asistencia é aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas, previa confirmación a través do correo electrónico: cintecx.comunicacion@uvigo.gal

Este proxecto desenvólvese grazas ao financiamento da FECYT, co apoio da Universidade de Vigo e da Axuda para a estrutura, a mellora e o apoio aos Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego (CIGUS), cofinanciadas por Fondos Europeos no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Detalles

Recinto