CINTECX
Febreiro 9 @ 15:24
Xornada Técnica CINTECX CHALLENGE 2026
Xaneiro 23 @ 10:30 - 12:30

O próximo venres 23 de xaneiro terá lugar a Xornada Técnica CINTECX Challenge 2026 no auditorio do centro ás 10:30 horas.
Durante a xornada presentaranse os resultados dos tres proxectos gañadores do Challenge 2025 e as propostas recibidas para a convocatoria Challenge Challenge 2026.
Proxectos Challenge 2025
- TraconRoc. Análise do comportamento mecánico de rochas en tracción confinada, Ignacio Pérez Rey y Aránzazu Pintos Alonso.
- Eco-NanoxCat. Catalizadores ecolóxicos multifuncionais baseados en nanotecnoloxía para aplicacións enerxéticas e medioambientais, Antía Fernández Sanromán y Pablo Pou Álvarez.
- Gal-Bayes. Xeración automatizada mediante modelos de linguaxe de redes BAYESianas para a xestión de recursos hídricos
Programa
10:30h Benvenida. Angeles Sanromán, directora de CINTECX
10:45h Presentación das propostas gañadoras CHALLENGE 2025
11:30h Presentación e avaliación de candidaturas CHALLENGE 2026
CINTECX Challenge é unha convocatoria anual de subvencións na modalidade de concorrencia competitiva para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de I+D entre investigadores integrados no centro. Trátase dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva aberta a todo o persoal investigador do centro, na que anualmente se financian dous proxectos de investigación (novo nesta convocatoria) no ámbito das Tecnoloxías Industriais, que deberán presentar unha proposta de colaboración entre os distintos colectivos do centro. O proxecto ten unha duración dun ano natural, e durante os últimos meses do proxecto, para tentar chegar ao público en xeral, preséntanse os seus resultados no acto concreto e realízanse actividades de difusión, seguindo as políticas do CINTECX e da Universidade de Vigo.
