CINTECX
Xullo 22 @ 12:23
CINTECX na G-Night
26/09/2025 @ 17:00 - 21:00

A investigación de CINTECX estará un ano máis na Noite Europea das Persoas Investigadoras participando nas actividades organizadas pola UVigo, o venres 26 de setembro no Edificio Redeiras, na praza do Berbés de Vigo.
O persoal investigador de CINTECX amosará os seus coñecementos a través das actividades:
🤖 Intelixencia artificial e simulación para a seguridade viaria
Pode unha intelixencia artificial detectar e explicar perigos na estrada? Nesta actividade as persoas que participen empregarán simuladores e IA para intentar dar resposta a esta pregunta e medir o nivel de seguridade na condución diaria.
PÚBLICO FAMILIAR PRIMEIRO ANDAR
GRUPO DE XEOTECNOLOXÍAS APLICADAS – CINTECX
⚡ Como xerar enerxía e eliminar contaminantes
Neste obradoiro poderás aprender a xerar H2 cunha pila ou incluso crear unha pila que acenda unha lámpada. Ademais experimentarás coas técnicas máis novidosas para a eliminación de contaminantes da auga.
PÚBLICO FAMILIAR TERCEIRO ANDAR
GRUPO BIOSUV – CINTECX
🧪 Materiais: ciencia ficción ou realidade?
Descubre o lado máis sorprendente dos materiais nun obradoiro cheo de enxeñaría, creatividade e experimentación. A través de dinámicas prácticas e exemplos reais, poderás aprender como se comportan distintos materiais baixo presión, torsión ou temperatura, e como estas propiedades son chave para deseñar estruturas resistentes, flexibles ou lixeiras.
PÚBLICO FAMILIAR EXTERIOR
ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE MINAS E ENERXÍA
Baixo o lema “Conciencias creativas”, o evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia ás rúas, museos, institucións educativas e bares. Coñece o programa completo en: Vigo – GNIGHT
