Cintecx está comprometido co principio de igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito da súa competencia e en todas as actividades que se desenvolven no centro. Como instrumento responsable da incorporación transversal deste principio, conta cun Plan de Igualdade, enmarcado no III Plan de Igualdade da Universidade de Vigo, de cuxa implantación, avaliación e seguimento encárgase unha comisión interna, o Comité de Igualdade, Diversidade e Inclusión. Dispón ademais da figura do Enlace de Igualdade, que actúa como ponte entre o centro e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
No marco do novo enfoque europeo das políticas de igualdade, Xénero+, o Plan de Igualdade de CINTECX considera, no ámbito de competencias do centro, os seguintes aspectos:
- Conciliación da vida persoal, familiar e laboral e cultura organizativa sensible á desigualdade.
- Equilibrio de xénero en liderazgo e en toma de decisións.
- Integración da perspectiva de xénero na investigación.
- Igualdade no acceso e promoción da carreira investigadora
- Medidas contra a violencia de xénero, incluíndo o acoso sexual.
O documento “Política de Igualdade de CINTECX” pode atoparse aquí.
- Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario.
- Lei 17/2022, de 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.
- Lei Ángeles Alvariño. Lei 13/2021, de 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposiciones legais da Comunidad Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación.
- Lei 6/2013, do Sistema Universitario de Galicia.
- Pacto de Estado contra a violencia de xénero
- HR Excellence in Research
- Horizonte Europa 2021-2024
- III Plan de Igualdade da Universidade de Vigo (2020-2024)
- Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo.
- Formulario de denuncia ante unha posible situación de acoso sexual ou por razón de sexo.
- Documento “Recursos contra as violencias machistas” – Unidade de Igualdade da Universidad de Vigo .
- Que é a violencia machista? – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Teito de cristal – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Pensa en lila – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- O feminismo tamén necesita de homes – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Libres e seguras nas redes e nas rúas – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Cousiñas de muller – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitario – Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Muller e enxeñería – Real Academia de Ingeniería.
- Asociación de mulleres investigadoras & tecnólogas.
- Inspira steam – Universidad de Deusto.
Enlace de igualdade CINTECX
María del Carmen Pérez Pérez
+34 986 812 603
cperez@uvigo.gal