challenge

Convocatoria

O Plan Estratéxico de CINTECX contempla, dentro do plan de acción para o cumprimento dos seus obxectivos estratéxicos, unha convocatoria anual de axudas na modalidade de concorrencia competitiva denominada CINTECX Challenge, para o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os investigadores integrados no centro.

Con tal fin, convócase a axuda CHALLENGE 2026.

O prazo para participar nesta convocatoria estará aberto dende o 9 de decembro de 2025 ata o 9 de xaneiro de 2026.

As propostas que se axusten ao establecido na convocatoria defenderanse durante unha Xornada Técnica en CINTECX, na que se realizará a avaliación das mesmas e a selección da proposta gañadora.

Un aspecto importante deste desafío é conseguir un impacto social relevante na rexión polo que os resultados da proposta gañadora preséntanse nun evento específico e realízanse actividades de difusión dos mesmos.

 

Requisitos das solicitudes

  1. A proposta presentada debe ser orixinal e estar aliñada coas áreas tecnolóxicas e as liñas prioritarias da axenda científica de CINTECX e contribuír á proxección e visibilidade do centro.
  2. Deben participar polo menos 2 dous grupos de investigación de CINTECX
  3.  
    Máis detalles na convocatoria.

 

Resolución

Unha vez realizada a avaliación das solicitudes presentadas na Xornada Científica CINTECX CHALLENGE 2026 farase pública a resolución da convocatoria.