challenge

Convocatoria

O Plan Estratéxico de CINTECX contempla, dentro do plan de acción para o cumprimento dos seus obxectivos estratéxicos, unha convocatoria anual de axudas na modalidade de concorrencia competitiva denominada CINTECX Challenge, para o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os investigadores integrados no centro.

Con tal fin, convócase a axuda CHALLENGE 2025.

O prazo para participar nesta convocatoria estará aberto dende o 4 de decembro de 2024 ata o 9 de xaneiro de 2025.

As propostas que se axusten ao establecido na convocatoria defenderanse durante unha Xornada Técnica en CINTECX, na que se realizará a avaliación das mesmas e a selección da proposta gañadora.

Un aspecto importante deste desafío é conseguir un impacto social relevante na rexión polo que os resultados da proposta gañadora preséntanse nun evento específico e realízanse actividades de difusión dos mesmos.

 

Requisitos das solicitudes

  1. Os integrantes do equipo de investigación deben ser membros do Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) no momento de presentación da solicitude.
  2.  

  3. Deben contar coa participación de polo menos 2 persoas investigadoras, de polo menos dous grupos de investigación de CINTECX (un ou dous dos cales actuarán como IPs) coa fin de aumentar o grao de cohesión entre o personal investigador do Centro. A propuesta deberá contar con el visto bueno de los coordinadores y coordinadoras de sus grupos de investigación a los que pertenezca el equipo investigador.
  4.  

  5. A propuesta presentada debe ser orixinal e estar aliñada coas áreas tecnolóxicas e as liñas prioritarias da axenda científica de CINTECX e contribuír á proxección e visibilidade do centro.

 

Resolución

Unha vez realizada a avaliación das solicitudes presentadas na Xornada Científica CINTECX CHALLENGE 2025 farase pública a resolución da convocatoria.