CINTECX
Outubro 25 @ 11:54
Xornada de Ciencia Aberta CINTECX – VIGO
Novembro 6 @ 10:00 - 20:00

O próximo 6 de novembro, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, CINTECX, celebrará as súas xornadas anuais de ciencia aberta co obxectivo de achegar a ciencia e a innovación á sociedade.
Por primeira vez, a cita celebrarase en O Tinglado do Porto de Vigo, cunha programación que combinará actividades prácticas, demostracións tecnolóxicas e experiencias participativas.
Unha trintena de investigadoras e investigadores mostrarán o seu traballo en áreas punteiras como as enerxías renovables, o aproveitamento de recursos naturais, a fabricación avanzada, as tecnoloxías de propulsión limpas e a intelixencia artificial.
📅 Venres 06 de novembro
🕘 10:00h
🏫 Centros de secundaria e bacharelato
📅 Venres 06 de novembro
🕓 17:00h
👥 Público Xeral
📍 Localización: O Tinglado do Porto de Vigo
