CINTECX duplica as axudas concedidas á mobilidade na convocatoria 2025

Un total de 15 investigadores e investigadoras de CINTECX recibirán as Axudas á Mobilidade para asistir a congresos e eventos en 2025

Co obxectivo de fomentar a colaboración científica, o intercambio de coñecemento e a participación en proxectos estratéxicos que impulsen a excelencia investigadora do centro, CINTECX promove a convocatoria Axudas á Mobilidade 2025.

Nesta convocatoria, CINTECX duplicou o número de axudas concedidas, que aumentaron dun total de oito en 2024 a quince en 2025. Do mesmo xeito que en 2024, con estas axudas, o persoal investigador do centro terá a oportunidade de establecer contactos e vínculos que poidan derivar en proxectos conxuntos, publicacións internacionais e outras formas de colaboración que fortalezcan o liderado e a capacidade de innovación do centro.

Italia, Portugal, Francia e Grecia serán algúns dos destinos aos que se desprazarán os investigadores e investigadoras de CINTECX para asistir a diferentes Congresos Internacionais en ámbitos que abarcan desde a biotecnoloxía, a dinámica de fluídos, aplicacións ambientais de procesos de oxidación, xeorradares, sistemas de información e tecnoloxías ou a enxeñería e materiais, entre outros.

A financiación destas axudas é posible grazas á ‘Axuda para a estrutura, a mellora e o apoio aos Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego (CIGUS)’, cofinanciadas por Fondos Europeos no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Máis información sobre a convocatoria: https://cintecx.uvigo.es/es/event/convocatoria-movilidad-cintecx-2025/