Ábrese a Convocatoria de Axudas á Mobilidade 2025 de CINTECX

CINTECX abrirá a Convocatoria de Axudas á Mobilidade 2025 para facilitar o acceso a congresos e eventos, así como a realización de estadías en centros de investigación nacionais e internacionais.

Co obxectivo de fomentar a colaboración científica, o intercambio de coñecemento e a participación en proxectos estratéxicos que impulsen a excelencia investigadora do centro, CINTECX lanza esta convocatoria.

Desde o próximo 10 de marzo ata o 26 de marzo, o persoal de CINTECX que teña que desprazarse para presentar resultados de investigación, realizar estadías en centros de investigación e que cumpra os requisitos sinalados na convocatoria, poderá solicitar estas axudas para estimular a cooperación internacional.

En 2024, CINTECX proporcionou un total de oito axudas ao persoal investigador do centro que tivo a oportunidade de establecer contactos e vínculos que, nalgúns casos, derivaron en proxectos conxuntos, publicacións internacionais e outras formas de colaboración que fortaleceron o liderado e a capacidade de innovación do centro.

A financiación destas axudas é posible grazas á ‘Axuda para a estrutura, a mellora e o apoio aos Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego (CIGUS).

Máis información: https://cintecx.uvigo.es/es/event/convocatoria-movilidad-cintecx-2025/