Este mes de marzo, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, presentamos a Xanel Vecino, investigadora de CINTECX que participou na iniciativa Calendario CINTECX 2025, compartindo a súa experiencia como investigadora e motivando ás máis novas.
XANEL VECINO: “A capacidade de contribuir ao coñecemento depende da vocación, o esfuerzo e a paixón”.
Traballo na economía circular, a sostenibilidade e a simbiosis industrial. A miña investigación céntrase en transformar residuos e materias primas secundarias en produtos de alto valor engadido, como biodesinfectantes e ecoadsorbentes.
A investigación en enxeñaría é unha das miñas maiores paixóns porque permite aplicar a ciencia para resolver problemas concretos das empresas. Propoño solucións innovadoras e eficaces, empregando a tecnoloxía de membranas, mellorando a productividade e a sostenibilidade industrial, desde o laboratorio ata a escala industrial.
A miña traxectoria investigadora distinguese pola transferencia de coñecemento e tecnoloxía á sociedade. Rexistrei cinco patentes, catro de elas sobre biodesinfectantes a partir de residuos de millo, que están a ser adoptadas pola industria para fabricar produtos máis sostibles.
A miña investigación busca mellorar a calidade de vida das persoas ao ofrecer produtos eficaces cun menor impacto ambiental. A demanda de produtos biodegradables e biocompatibles está aumentando, e o meu traballo responde a esta necesidade.
Ás mozas as animaría a seguir a súa paixón pola ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría. Dedicarse a aquelo que amas é clave para a felicidade e o éxito profesional.