A integración da perspectiva de xénero na investigación é un mandato normativo e unha prioridade do Espazo Europeo de Investigación e dos principios da Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación 2021-2027. Tanto a Axencia Estatal de Investigación como a Comisión Europea teñen interese en que as propostas que se financien teñan integrada a perspectiva de xénero.
CINTECX ofrece neste espazo información de axuda para incorporar a perspectiva de xénero na elaboración e na execución de propostas para os diferentes programas e convocatorias de investigación no ámbito tecnolóxico-industrial.
Cátedra de Feminismos 4.0 – DEPO UVIGO
Guía operativa. Incorporación perspectiva de xénero
Xornada perspectiva de xénero no ámbito tecnolóxico industrial