Novo equipo Micro cromatógrafo de gases Fusion xa está dispoñible no noso catálogo de servizos

Cintecx engade ao seu catálogo de servizos o dispositivo Analizador Micro GC Fusion, dispoñible para o seu uso a través da plataforma LIMS a investigadores e investigadoras de toda a comunidade universitaria e doutros centros de investigación ou empresas, realizando unha solicitude en modalidade de autoservizo.

O Analizador Micro cromatógrafo de gases Fusion permite: análise químico (caracterización) on-line de compostos en corrente gaseosa (típicamente, gas natural), análise de gas natural convencional e ampliado, análise de gas de refinería, análise de gas disolto, gas de síntesis, celdas de combustible, gas vertedoiro e biogás para enerxías alternativas e seguemento de gases de combustión e chemineas entre outras.

O pasado 13 de setembro celebrouse unha formación específica sobre o seu uso. O persoal investigador de Cintecx asistente puido coñecer como manexar o instrumento, familiarizarse co software, como desenvolver o método e como calibralo, e temén recibiu indicacións sobre coidados e boas prácticas. Con esta formación, os asistentes quedaron capacitados para o manexo e uso na modalidade de autoservizo do equipo.

A adquisición de novos equipos permite a Cintecx seguir proporcionando apoio científico e tecnolóxico e contribuir ao avance das investigacións realizadas tanto no Centro como en toda a Universidade de Vigo nas diferentes áreas de investigación.