actividades
 

Convocatoria

O Plan Estratéxico do CINTECX contempla, dentro do plan de acción para o cumprimento dos seus obxectivos estratéxicos, unha convocatoria anual de axudas, denominada CINTECX Challenge, para o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os diferentes grupos de investigación do centro.

Resolución

O centro de investigación CINTECX acaba de facer pública a resolución da convocatoria CHALLENGE-2021.

Esta segunda convocatoria tivo unha grande acollida por parte dos investigadores do centro, recibíronse catro propostas que involucran a siete dos dez grupos do centro, todas elas cunha elevada calidade científica.

Unha vez avaliadas as catro solicitudes presentadas, a dirección de CINTECX resolve conceder a axuda á proposta: “Soldadura por resistencia (RSW) de aceiros avanzados de alta resistencia mecánica (AHSS). Optimización do proceso e do equipamento”, que conxuga capacidades na que participan investigadores das áreas de Electrónica e de Fabricación e Materiais de Cintecx.

Consulta a Resolución CHALLENGE.

Vídeo