O Cintecx foi retomando no 2021 parte das actividades de carácter presencial, sendo unha das máis significativas as Xornadas de Portas Abertas que se realizan ao abeiro do programa Divulgando Ciencia Singular, un programa que ten coma obxectivo principal a divulgación científica e tecnolóxica á sociedade por parte de diferentes centros singulares de investigación da Universidade de Vigo.

Alumnado dos colexios Compañía de María de Vigo e O Castro British International School inauguraron a presencialidade destas xornadas de portas abertas no 2021.

Estudantes dos últimos cursos de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) destes dous colexios visitaron nos meses de outubro e decembro de 2021 o noso centro.

Nestas visitas puideron participar en diversos obradoiros moi prácticos deseñados especificamente para eles e que lles permitiron achegarse ao importante labor levado a cabo polas investigadoras e polos investigadores do centro e entender como a tecnoloxía axuda a lograr unha sociedade industrial e sostible comprometida coa conservación do planeta.

‘CASTRO BRITISH SCHOOL’ – venres 10 de decembro de 2021

Axenda

9:40. Recepción e presentación no auditorio do CINTECX

Desprazamento a laboratorio EEME

10:10-11:45. Combustión: the sci-ence games intelixencia artificial: érase unha vez un mundo de datos. Raquel Orozco, Ana Larrañaga & Javier Martínez Torres.

Desprazamento a CINTECX

12:00- 12:35. Charla interactiva enxeñería biomédica- biomateriais. Laura González, Sara Pérez & Julia Serra.

12:40-13:15. Experimento electrólise. Ramón Novoa & Aranzazú Pintos.

13:20-14:15. Comezo de charlas cruzadas: divídese ao alumnado en 2 grupos

13:20-14:15. Conservación street art & taller de materiais. Iago Pozo, María Pazo & Xurxo Rigueira.

13:20-14:15. Desenvolvemento sostible e biotecnoloxía. Angeles Sanromán, Marta Pazos, Silvia Escudeiro & Aida Díez.

Actividades

CHARLA INTERACTIVA ENXEÑERÍA BIOMÉDICA- BIOMATERIALES
Expositor dotado con biomateriais e dispositivos biomédicos. A actividade exponse dun modo expositivo onde alumnas e alumnos poidan aprender manipulando os distintos dispositivos biomédicos.

EXPERIMENTO VISUAL. ELECTRÓLISE
Electrólise dunha disolución á que se lle engaden indicadores. Ánodo e cátodo están en compartimentos distintos co que a cor do compartimento vai variando en función do sentido de circulación da corrente.

CONSERVACIÓN STREET ART
Nesta charla falarase das últimas técnicas empregadas para a extracción das tinguiduras, pasando por técnicas láser e biolóxicas, sen esquecernos da necesidade de respectar o noso patrimonio construído. Ademais, falarase das últimas inquietudes a nivel europeo centradas na conservación de murais constituíntes do actual street art.

A FEBRE DOS MATERIAIS
Os materiais son de gran importancia en todos os ámbitos da vida e o desenvolvemento de novos materiais está intimamente ligado ao progreso e evolución da sociedade. Por iso, é importante coñecer as propiedades que ofrecen os distintos tipos de materiais. Neste módulo preséntanse exemplos dos distintos materiais: cerámicos, metálicos, polímeros e materiais compostos, destacando as propiedades que teñen cada un deles e diferentes curiosidades en canto ao seu uso. Como exemplos destacados presentaranse: xeración dunha escuma mediante polimerización, efecto da memoria da forma en metais e polímeros, o uso do ferro como ferramenta de recuperación de Cu e o comportamento de materiais hidrófugos.

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E BIOTECNOLOXÍA
Proposta asociada ao desenvolvemento sostible e biotecnoloxía. Experiencia na que os alumnos realizarán o tratamento de augas coloreadas utilizando adsorbentes producidos a partir de residuos e tamén se darán principios de biotecnoloxía (encimas microorganismos).

COMBUSTIÓN: THE SCI-ENCE GAMES
Realízanse unha serie de experiencias prácticas moi visuais para que o alumno aprenda as nocións básicas da combustión. Desde o máis simple (como se produce a D-2 reactivos, produtos, etc.) ata a súa aplicación a sistemas complexos e reais como motores de combustión, plantas de xeración de enerxía, etc. Trabállanse conceptos como enerxía, potencia, turbulencia, cinética química, etc. Todo iso coa C-2 participación do alumnado.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL: ÉRASE UNHA VEZ UN MUNDO DE DATOS
Pode un computador tomar decisións intelixentes? Pero… que é unha decisión intelixente? A Intelixencia Artificial colleu un gran protagonismo nos últimos anos e a día de hoxe forma parte de moitos ámbitos nas nosas vidas, normalizando o feito de que unha máquina sexa capaz de xogar connosco ou entender o que falamos. Con este taller mostrarase aos asistentes a utilidade e o potencial que ditas técnicas poden achegar á nosa sociedade, mostrando dunha forma interactiva a súa aplicación no mundo da enxeñería. Os asistentes resolverán un problema de visión artificial por eles mesmos e aprenderán a importancia da recolección de datos para chegar ao devandito fin, desenvolvendo a súa capacidade resolutiva e a súa imaxinación. Nun mundo conducido pola información, que mellor forma de penetrarse nel?

 

Imaxes da actividade

‘Colexio Compañía de María’ – xoves 28 de outubro de 2021

Axenda

16:00. Recepción e presentación no auditorio do CINTECX

16:10-18:00. Raquel Orozco, Ana Larrañaga & Javier Martínez Torres. Combustión: the sci-ence games e intelixencia artificial: érase uhna vez un mundo de datos

18:00-19:00. Investigadores de bioenxeñería e procesos sostibles. Desenvolvemento sostible e biotecnoloxía

Actividades

O alumnado deste colexio realizou as seguintes actividades, xa descritas no apartado anterior:

COMBUSTIÓN: THE SCI-ENCE GAMES

INTELIXENCIA ARTIFICIAL: ÉRASE UNHA VEZ UN MUNDO DE DATOS

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E BIOTECNOLOXÍA

 

Como foi a actividade