0525-148348 Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1518
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).

Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
Estudos electroquímicos sobre unións soldadas e cimentos condutores.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría de Minas (materiais) e Mestrado (Prevención de riscos laborais).

Méritos a valorar

  • Expediente académico (30 puntos).
  • Experiencia profesional relacionada co perfil (60 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente aos/ás 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.V (10 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez.
  • Secretaria: Belén Díaz Fernández.
  • Vogal: David Álvarez González.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 25 de febreiro de 2025.