Estudiantes de Ingeniería Biomédica e investigadores de CINTECX ayudan a niñas y niños ingresados en el Álvaro Cunqueiro a «aprender jugando»

DUVI 17/10/2023
Globos, xiringas, Maizena, CDs, botellas de auga…. calquera destes materiais pode servir para realizar experimentos e para facer que os máis cativos se acheguen á ciencia. Este é o punto de partida da iniciativa Aprender xogando nun hospital, un proxecto de aprendizaxe-servizo (ApS) que implica a estudantes de Enxeñaría Biomédica e aos nenos e nenas ingresados no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Entres risas e moita curiosidade, esta iniciativa que se vén desenvolvendo nos últimos cursos, arrancou onte luns pola tarde unha nova edición. Á fronte deste proxecto está Eduardo Suárez, profesor do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, que explica que a finalidade é, por unha banda, que o alumnado de 3º curso do Grao en Enxeñaría Biomédica poña en práctica os coñecementos relacionados coa Mecánica de Fluídos e desenvolva habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade e, por outra, achegar entretemento, diversión e coñecemento aos pacientes de pediatría ingresados no hospital vigués. Ao tempo que adquiren coñecemento, este tipo de actividades tamén lles a estes cativos para distraerse das rutinas médicas, reducir a ansiedade e mellorar o seu estado de ánimo.

Ademais, ao tratarse dun proxecto de aprendizaxe-servizo ten as características dun voluntariado, pero constitúe unha metodoloxía de ensino que se encadra dentro dunha materia e o alumnado universitario é avaliado. Polo tanto, representa un reto para os estudantes implicados, que deben adaptar os contidos á idade do seu público e deseñar, construír e probar os dispositivos e experimentos en base aos coñecementos técnicos, pero apoiándose noutras competencias como a comunicación, o traballo en equipo ou a toma de decisións.

De imaxes conxeladas a elevadores hidráulicos

Este luns participaron no proxecto os tres primeiros grupos, dun total de 14 que se inscribiron ata o momento e estiveron acompañados na realización dos experimentos por nove alumnos e alumnas universitarios e polos profesores implicados neste proxecto, todos eles investigadores do Cintecx, entre eles a directora do centro, Concepción Paz.