Ángeles Sanromán premiada con la medalla Isidro Parga Pondal por la Real Academia Galega de Ciencias

Desde el centro queremos felicitar a Ángeles Sanromán por el reconocimiento otorgado por la Real Academia Galega de Ciencias  en la sección de Ciencias técnicas. La investigadora de CINTECX recibirá la medalla Isidro Parga Pondal por sus extraordinarios méritos de investigación en el campo de la Ingeniería Química, su capacidad de formación de jóvenes investigadores e investigadoras y por el impacto en el entorno económico-social de la transferencia de sus resultados de investigación.

………………

Ángeles Sanromán, medalla Isidro Parga Pondal na sección de Ciencias Técnicas

“Para min este premio supón o recoñecemento a unha traxectoria profesional dedicada á aplicación da Enxeñaría Química en áreas como a Tecnoloxía Medioambiental e a Biotecnoloxía”, asegura Sanromán, que centra boa parte da súa actividade en eidos como o tratamento de efluentes, rexeneración de solos contaminados e tratamentos electroquímicos.

A catedrática da UVigo, que puxo en marcha o grupo de referencia internacional de Bioenxeñaría de procesos sostibles, Biosuv, considera o galardón “un recoñecemento para aqueles que no seu día apostaron por min e animáronme a tomar este camiño tan apaixonante. Por iso gustaríame compartilo cos que ao longo da miña traxectoria foron uníndose ao grupo Biosuv na UVigo e especialmente coa miña familia”. Ángeles Sanromán participou en máis de 50 proxectos de investigación e na elaboración de sete patentes internacionais, ademais de formar parte do reducido grupo de investigadoras e investigadores incluídos na clasificación dos máis citados da Universidade de Stanford.

Fuente: DUVI