Os incendios forestais non dan tregua nin a van dar. Ante esta situación 21 institucións de España e Portugal, coordinadas pola Junta de Andalucía, ultiman esta semana no campus de Vigo o deseño dunha estratexia común de “actuación e prevención” fronte aos grandes lumes. Fano na 4º reunión técnica do proxecto Firepoctep, unha xuntanza que se está a desenvolver na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e na que se presentan os resultados acadados nos últimos meses dentro dun traballo que conta cun orzamento de 5,5 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos Feder